


Os países europeos decididos a crear unha Unión Europea (UE) foron avanzando en diferentes eidos: libre circulación de mercadorías, libre circulación de persoas, libre circulación de capitais... Pero só se había conseguir unha verdadeira Unión Europea (UE) coa libre circulación do coñecemento, dos estudantes universitarios e dos titulados universitarios.
Despois de varias reunións en Lisboa e París, os Ministros encargados da educación superior de 29 países europeos volvéronse reunir en Boloña o 19 de xuño de 1999, para celebrar unha nova conferencia, que rematou coa chamada Declaración de Boloña, en onde se sentan os alicerces para a súa consecución.
A Declaración establece un prazo ata o 2010 para a realización do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), con fases bienais de realización; cada unha destas fases conclúe coa correspondente Conferencia Ministerial que revisa o conseguido e establece directrices para o futuro.
Na Declaración de Boloña, establecéronse os seguintes obxectivos:
Na actualidade son 46 países, entre eles España, os que asinaron a Declaración de Boloña.
A todos os cambios que se veñen realizando nas universidades destes 46 países é ao que lle chamamos Proceso de Boloña.
Deica agora celebráronse conferencias en Praga (2001), Berlín (2003), Bergen (2005) e Londres (2007). A vindeira reunión hase celebrar en Lovaina, en abril do 2009.