


A partir de xuño do 2010, terás que realizar unha nova proba de acceso á Universidade.
Esta nova proba terá dúas fases:
Considerarase que superaches a proba cando obteñas polo menos 5 puntos como resultado da media ponderada. Esta media faise do 60 por cento da nota media de Bacharelato e o 40 por cento da cualificación da fase xeral, sempre que obtiveses un mínimo de 4 puntos na cualificación da fase xeral.
As cualificacións das materias da fase específica, das que te poderás examinar voluntariamente, hanche permitir mellorar a cualificación anterior. Deste xeito hache ser máis fácil acceder aos ensinos universitarios nos que haxa máis demanda que oferta de prazas.
Esta nova proba ten por obxecto valorar a túa madureza e avaliar os coñecementos vinculados aos ensinos de Grao que desexes cursar.
A partir de xuño do 2012, o exercicio de lingua estranxeira da fase xeral, que poderás realizar en inglés, francés, alemán, italiano ou portugués, incorporará unha proba oral.
Hanse celebrar dúas convocatorias anuais de proba de acceso á Universidade, e ti poderás presentarte en sucesivas convocatorias para mellorar a túa cualificación, tanto da fase xeral como da específica.
Se es estudante de formación profesional de grao superior, a partir do curso 2010-2011 poderás acceder á Universidade a través da cota xeral en lugar de por cotas de reserva como ata a data.