Ministerio de Educación - Goberno de España Bolonia en secundaria Ministerio de Educación - Gobierno de EspañaFUTURO, ESTUDOS, MOBILIDADE, BOLSAS E AXUDAS, A NOVA UNIVERSIDADE, PREGUNTAS E RESPOSTAS



 

 

As universidades españolas poderán seguir ofrecendo titulacións clásicas como Medicina, Matemáticas, Dereito, Historia, e outras máis novas, como Enxeñería da Edificación, Bioloxía Humana, etc.

Unha das novidades do novo sistema educativo é que antes de comezar a configurarse o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), as universidades só podían ofertar aquelas titulacións que xa estivesen nunha lista pechada, denominada "Catálogo de Titulacións".

En cambio, co novo sistema de estudos, cada universidade é libre de deseñar calquera titulación. A súa posta en marcha está suxeita á autorización administrativa por parte das Comunidades Autónomas unha vez que se comprobou que cumpren uns requisitos de calidade, por exemplo: número de profesores para a súa impartición, espazos e recursos adecuados, adecuación dos contidos ao título proposto, etc.


Logo accesibilidade AA

© Ministerio de Educación

Mapa web

Estrategia Universidad 2015