


En España a posta en marcha dun título novo e a súa posterior acreditación, require que o plan de estudos contemple a compatibilidade entre os estudos co traballo a tempo parcial.
Aínda que o Proceso de Boloña non fixa as normas de permanencia dos estudantes, no noso país a lexislación que regula a ordenación dos ensinos universitarios oficiais (RD1393/2007) determina algúns aspectos. Por exemplo, nos plans de estudo dos títulos débese especificar o mínimo de créditos europeos de matrícula por estudante e período lectivo e, de ser o caso, normas de permanencia. Estes requisitos deben permitirlles aos estudantes cursaren estudos a tempo parcial e deben atender a cuestións derivadas da existencia de necesidades educativas especiais.
Mais tamén existen outras posibilidades para que poidas compaxinar estudos e traballo. As universidades non presenciais ofrécenche a posibilidade de estudar sen ter que asistir ás clases. Se precisas máis información, pódela obter aquí: