


Esta web contén información para ti, que vas acceder á Universidade, sobre as novidades e melloras do novo sistema de educación superior en España. Falta pouco para o curso 2010-2011, momento en que todos os estudos universitarios estarán adaptados á nova estrutura e metodoloxía educativa acordadas en Boloña.
O paso do Instituto á Universidade é un momento fundamental da túa formación. Debes elixir os teus estudos universitarios pensando no teu desenvolvemento persoal, profesional e social, de maneira responsable e vocacional. A través dos orientadores do teu instituto, das oficinas do estudante das universidades, da información que poidas obter en feiras de estudantes ou nesta páxina web, axudámosche a tomar esta decisión. No entanto, cómpreche saber que o novo sistema facilita o cambio de titulación dentro dunha rama de coñecemento se cambias de opinión unha vez comezados os teus estudos.
Reforzamos as bolsas e axudas nas distintas etapas universitarias, incluídas as de mobilidade, para que poidas acceder a calquera universidade española, e as bolsas ERASMUS para estudar noutros países europeos. E se as túas obrigas só che permiten dedicar parte do teu tempo aos estudos, existen vías semipresenciais e universidades especializadas na formación a distancia.
Sorte coa túa elección e benvido á Universidade!