Poderei escoller entre máis titulacións adaptadas ás necesidades de todos os estudantes.
Eu serei protagonista da miña propia aprendizaxe.
Aprenderei de moitas formas distintas e desenvolverei todas as miñas capacidades.
Se decido estudar e traballar á vez, ha respectarse o meu ritmo de aprendizaxe e a miña dedicación.
Na avaliación terase en conta non só o exame final, senón todo o traballo que realice durante o curso.
Ha serme máis fácil cambiar de estudos e de universidade, así como estudar no estranxeiro.
O funcionamento dos plans de estudos ha vixiarse continuamente e será máis doado que agora corrixir os seus fallos.
Será máis fácil que remate os meus estudos no tempo previsto.
Sairei mellor preparado para traballar como titulado universitario e serei capaz de seguir aprendendo durante toda a miña vida.
Se quero seguir estudando despois do Grao poderei elixir entre unha grande oferta de Másteres a prezos moderados e dispoñerei dun amplo abano de axudas económicas. Tamén poderei realizar un Doutoramento en mellores condicións.