


O Sistema Universitario español está composto por 77 universidades: 50 públicas e 27 privadas. Actualmente 5 universidades (unha pública e catro privadas) están configuradas como universidades no presenciais; delas, no curso 2008-2009 só imparten docencia dúas privadas (UDIMA e UOC) e unha pública (UNED). O sistema completa a súa configuración con dúas universidades especiais que só imparten programas especializados de posgrao (Máster y Doutoramento): a Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e a Internacional de Andalucía.
Actualmente entre as 70 universidades presenciais españolas cóntanse 165 campus universitarios, 117 entre as 47 universidades públicas e 48 entre as 23 universidades privadas.
Á hora de escolleres a Universidade na que desexas estudar unha titulación, recomendámosche que teñas en conta os teus obxectivos profesionais e persoais, e o tipo de formación que queres recibir.
Aquí poderás consultar todas as universidades españolas:
Comunidade Autónoma de Andalucía
Comunidade Autónoma de Canarias
Comunidade Autónoma de Cantabria
Comunidade Autónoma de Castela e León
Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha
Comunidade Autónoma de Cataluña
Comunidade Autónoma de Estremadura
Comunidade Autónoma de Galicia
Comunidade Autónoma de Illes Balears
Comunidade Autónoma de A Rioxa
Comunidade Autónoma de País Vasco